Select Page

O 8 de marzo, tomaremos as rúas en máis de 40 países para dicir basta á violencia machista e ao cerceamento dos dereitos civís, humanos, sexuais e reprodutivos das mulleres en todo o planeta. Hai diversas maneiras de demostrar apoio e de xuntarse á mobilización internacional das mulleres. Algunhas delas:

Paro total de coidados e consumo

Nas tarefas domésticas ou nos papeis sociais como coidadoras,  e no consumo durante a xornada completa

Paro parcial laboral

Parada de tempo parcial da produción/traballo por unha ou dúas horas. A convocatoria sindical abrangue as seguintes franxas horarias: de 12 a 14h, de 18 a 20h e de 21 a 23h.

Se non podes parar no traballo

Usa elementos lilas na vestimenta, como fitas ou calquera elemento e comenta o motivo

Fai que máis mulleres se xunten

Convida a outras mulleres e organiza formas creativas de adhesión á Folga de Mulleres

Bloquea camiños e rúas

Participa nas manifestacións e marchas que se están a organizar para este día

Visibiliza nas redes sociais

Instala mensaxe automática de “fóra da oficina” no email e explica o porque e muda a imaxe de perfil nas redes sociais. Materiais (preme para descargar)

Fai visíbel o teu apoio ao paro de mulleres

Coloca panos lilas no teu coche e nas varandas e ventás da túa casa

Share This