Select Page

O feminismo de Compostela súmase á convocatoria internacional de paro laboral e folga de coidados e consumo proposta por varios colectivos, grupos de mulleres e feministas de multitude de ámbitos e territorios. Por iso animamos a secundar o paro laboral, de coidados e de consumo, o día 8 de 12.00 a 12.30 (ao mediodía) e a participar na manifestación que sairá ás 19.30da Praza 8 de marzo.

Facemos un chamado a todas as mulleres da cidade e de todo o país a parar nos nosos postos de traballo, nos espazos de coidados e nos hábitos de consumo. Queremos que este paro sexa visible e teña repercusión, para iso desde o movemento feminista de Compostela animamos a que o convoquedes na vosa contorna mais próxima e accesible (unha praza, na casa, na tenda, oficina, centro de ensino ou cadea de montaxe, todo vale). Temos moitas razóns para parar:

  • Paramos porque non queremos que haxa nin unha menos.
  • Paramos porque o noso traballo de coidados no fogar e fóra del non se valora nin visibilizan.
  • Paramos porque non temos igualdade no emprego.
  • Paramos porque os nosos corpos se seguen mercantilizando.
  • Paramos porque a nosa sexualidade está colonizada.
  • Paramos porque queremos ser nais e non selo.
  • Paramos porque non nos deixades parar.
  • Paramos para que nos escoitedes.
  • Paramos porque estamos encabuxadas.
  • Paramos porque somos insumisas ao sistema patriarcal.
  • Paramos para visibilizar que sen nós o mundo para.

Se tan innecesarias somos, pois paramos

Animámosvos a que fagades unha foto e a movades nas redes coa etiqueta: #8mNósParamos

Compostela marzo de 2017

Share This